I Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2004
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, naceu en 2004 co obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, naceu en 2004 co obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. O primeiro ano resultou gañadora a floristaría Fiúncho.
O xurado, integrado por asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valorou especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos; e primando tanto o escaparate como o interior do comercio.