Compostela Inserta
No ano 2008, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego levou a cabo un proxecto novidoso no ámbito da inserción social: o programa Compostela Inserta. Este programa, que se desenvolveu entre maio e setembro do 2008, tivo como obxectivo ,facilitar o acceso ao mercado laboral de colectivos de difícil inserción a través da creación de empresas en actividades produtivas consideradas novos filóns de emprego, neste caso plantas de compostaxe de materiais orgánicos de orixe vexetal.
No ano 2008, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego levou a cabo un proxecto novidoso no ámbito da inserción social: o programa Compostela Inserta. Este programa, que se desenvolveu entre maio e setembro do 2008, tivo como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral de colectivos de difícil inserción a través da creación de empresas en actividades produtivas consideradas novos filóns de emprego, neste caso plantas de compostaxe de materiais orgánicos de orixe vexetal.
Neste programa participaron 12 persoas, todas elas con especiais dificultades de inserción laboral. A formación práctica levouse a cabo nunha planta de compostaxe construída para o proxecto, na que se producía compost con restos orgánicos de orixe vexetal, céspede, troncos e follas, procedentes de parques e zonas verdes de Santiago.