• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sensibilización cidadá ‘Vivir Compostela’

Desde hai 4 anos, Turismo de Santiago desenvolve un programa anual de sensibilización para que a cidadanía perciba os beneficios que o turismo deixa na cidade en materia de infraestruturas, emprego e recursos.

Para que os composteláns sexan partícipes, coñecedores e protagonistas do fenómeno turístico, a campaña Vivir Compostela ofrécelles cada ano a posibilidade de participar, de forma gratuíta, en visitas ao patrimonio e a espazos naturais, xornadas de portas abertas en museos e monumentos, excursións por Galicia e percorridos didácticos para nenos, cos que os composteláns redescobren a súa propia cidade e as crecentes alternativas que o desenvolvemento turístico engade ao seu tempo de lecer.

A campaña acadou na súa última edición 6.076 participantes, entre particulares, grupos e escolares, nas 26 actividades programadas.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017