• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Promoción

O esforzo promocional de Turismo de Santiago ten o obxectivo fundamental de aumentar a ‘visibilidade’ de Santiago de Compostela nos principais mercados turísticos. O intenso calendario de presentacións, feiras, xornadas e viaxes de familiarización, que abarca todo o ano e os cinco continentes do planeta, vese recompensado cunha realidade: a cidade pasou neste século de ser un destino periférico a converterse nun destino de primeira orde tanto para os principais emisores internacionais como para o turismo español.

Notoria por si mesma, e avalada pola denominación de Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1985, Compostela intégrase ademais nalgunhas das máis sobranceiras marcas españolas de promoción internacional e en programas europeos e intercontinentais.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017