Participa na edición especial do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar
Entre as actuacións que desenvolve a Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social a prol da economía social atópase a promoción da participación en diferentes eventos das cooperativas, sociedades laborais e outras entidades de economía social co fin de facilitar contactos e relacións comerciais para os seus produtos e servizos.
Nesta liña, infórmase que do 3 ao 7 de novembro, na cidade de Ourense, celebrarase a 22º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.
Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Feiras Comerciais Internacionais”, e cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converteuse nun referente para os destinos enogastrónomicos mais punteiros, tanto de España como de Portugal.
Neste espazo expositor, as entidades terán a ocasión de dar a coñecer os seus produtos a través de sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral e creando ou consolidando relacións comerciais con clientes e colaboradores.
E para máis información: xantar.org / info@xantar.org / +0034 988 366 030