Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais de Cotobade
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o mencionada obradoiro no marco da Rede Eusumo.
Obxectivos:
- Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
- Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
- Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Datas: do 27 de setembro ao 1 de outubro
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Lugar: na Casa do Povo de San Xurxo de Sacos, Barbeitos nº 6, Cerdeo-Cotobade (Pontevedra)
Destinatarios: persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.
Programa:
- Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
- Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
- Fiscalidade das comunidades de montes
- Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
- Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
- Axudas, subvencións ou beneficios fiscais
Inscricións:
- A través do 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces