• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Gobernanza cooperativa nas comunidaes de montes veciñais de Leiro

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo.

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

atas: do 13 ao 17 de setembro

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: na Escola de Lamas, O Casar s/n - Lamas, Leiro (Ourense)

Destinatarios:  persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.

Programa:

  • Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
  • Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
  • Fiscalidade das comunidades de montes
  • Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
  • Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
  • Axudas, subvencións ou beneficios fiscais

 

Inscricións: 

 

- A través do 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Data fin do prazo de Inscrición