Emprendendo en cooperativas
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa en Porto do Son.
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo ás persoas en situación de risco de exclusión que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Achegar ás participantes os recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento.
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
Datas: do 3 ao 6 de agosto de 2021
Horario e modalidade: presencial
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.
Programa formativo:
Módulo 1- O emprendemento. A situación actual do emprego Módulo 2 - O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego. Módulo 3 - Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento Módulo 4 - Experiencia cooperativa. Boas prácticas no cooperativismoInscricións:
- A través de jose.pazo@portodoson.gal / 981 86 74 12 (Ext: 1302)