Extracto da Orde do 9/7/2021 establecen bases subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán 2021
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 30 de outubro de 2021 e excepcionalmente a organización e participación en feiras do Nadal 2020/21 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2020 derivados destas.
En réxime de concorrencia competitiva
DOG Nº 139 do 22/07/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Beneficiarias/os
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de termo ata o último día de prazo para a presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.