• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROXECTO FF4 EuroHPC

O 27 de xullo ás 12:00  h terá lugar un  webinar da man do CESGA para dar a coñecer a convocatoria aberta do proxecto  FF4  EuroHPC, que ten por obxectivo fomentar o acceso a tecnoloxías relacionadas coa computación de altas prestacións (  HPC) en pemes. Actualmente está aberta a segunda convocatoria (  open  call) para experimentos de computación avanzada que será obxecto da presente xornada.

FF4  EuroHPC quere mostrar ás pemes europeas formas de optimizar o seu rendemento co uso de servizos avanzados de  HPC en tarefas como o modelado e simulación, análise de datos, aprendizaxe automática, intelixencia artificial e a combinación dos mesmos, e aplicar estas solucións innovadoras en beneficio empresarial.

O obxectivo das convocatorias abertas é xerar experimentos de aplicación en diversos sectores industriais e pretenden financiar experimentos da máis alta calidade, que involucren a pemes innovadoras e áxiles con plans de traballo construídos ao redor de obxectivos de innovación, derivados do uso de servizos avanzados de  HPC.

Axenda da xornada:

12:00  h - Benvida Agrupación industrial TIC Galicia

12:05 
h - Supercomputación e empresa: CESGA e  EuroCC - Laura Martínez | CESGA

12:15 
h - Oportunidades de financiamento para Pemes en  HPCFF4  EUROHPC - Adela Penas Franqueira | CESGA

12:35 
h - Rolda de preguntas

A asistencia é gratuíta, tan só requírese comunicación da intención de asistir (info@clusterticgalicia.com) para enviarvos a ligazón de acceso á sala virtual