Muller lánzate a emprender en cooperativas
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa do programa "Muller a cooperativa é para ti":
Datas: do 6 ao 9 de xullo
Modalidade: presencial
Lugar: no Salón de Plenos do Concello de Sada, Avenida do Porto 24, Sada (A Coruña)
Horario: de 9:30 a14:30 horas
Duración: 20 horas
Destinatarios: Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo.
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo ás mulleres, e en especial ás mulleres desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das mulleres participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Achegar ás participantes os recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento feminino.
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo
Programa formativo:
- Módulo 1 - O emprendemento. A situación das mulleres no empego
- Módulo 2 - O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
- Módulo 3 - Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento feminino.
- Módulo 4 - Experiencia cooperativa. Boas prácticas no cooperativismo promovido por mulleres.
Inscricións:
- A través desta ligazón.
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456