• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Workshop en liña Materiais para a captación de enerxía

A  Materioteca de Galicia continúa a súa programación de  workshops o próximo 18 de xuño centrándose nos materiais para a captación de enerxía. Representantes dunha empresa e de tres centros de coñecemento galegos presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento en liña o organizado pola Xunta de Galicia, a través da  Axencia  Galega de Innovación ( Gain).

Data: 18/06/2021
Hora: 10.30 – 12.30  h.
En liña

Durante este  workshop en liña explorarase o potencial destes materiais para captar enerxía de maneira limpa e eficiente, contribuíndo así á achega de fontes sostibles e diversas para atender unha demanda enerxética en continuo aumento.

A directora da área de Centros de  Gain, María José Mariño, abrirá o evento coa presentación dun informe de vixilancia tecnolóxica sobre o estado actual da I+D+i realizada en Galicia no campo dos materiais para a captación de enerxía.

Como casos prácticos, representantes dos centros de coñecemento  AIMEN, CTAG e  CiQUS expoñerán diferentes proxectos para o desenvolvemento deste tipo de materiais, con aplicacións en sectores diversos como a automoción, a aeronáutica e a construción. Sobre este último sector versará tamén a exposición da empresa  CUPA LOUSAS, que presentará un captador solar integrado en lousa natural.

Na última parte do  workshop, expoñerase unha selección internacional de materiais para a captación e xestión de enerxía a cargo  Materially, centrada en solucións xa presentes nos mercados e cun alto nivel de innovación.

Este evento é de especial interese para persoal técnico, profesionais independentes e empresas de todo tipo de sectores industriais e da construción.