• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria Galicia Exporta Dixital 2021: axudas á internacionalización

O Instituto  Galego de Promoción Económica (Igape), publicou a convocatoria do programa de axudas para a internacionalización dixital das empresas (Galicia Exporta Dixital 2021), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo  Feder Galicia 2014-2020.

En total, a convocatoria destinará 6 millóns de euros a apoiar ás empresas galegas no desenvolvemento e implantación de plans de internacionalización dixital co obxectivo de achegar medios que lles permitan mellorar a súa competitividade, potenciar as actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva –por orde de entrada- acollida ao réxime de  mínimis.

Beneficiarios da convocatoria.-
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que sexa unha peme segundo o Anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión
  • Que teñan algún centro de traballo en Galicia.
  • Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á interna­ cionalización con  informepositivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso a solicitude de alta deberá presentarse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape  IG192.
  • Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio comerciante polo miúdo, que non necesitan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
  • Que estean ao día das súas obrigacións coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Requisitos principais do proxecto.-
Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa.

Requírese un investimento mínimo de 25.000 € para pemes e 15.000 € para Comercio Comerciante polo miúdo e un máximo para ambos de 125.000 €. De superar este máximo procederase a axustar o gasto ao límite máximo. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 € e máximo de 37.500 € no caso de empresas do sector da produción agraria e 25.000 € no caso de empresas do sector da pesca.

Prazo de presentación de solicitudes.-
As entidades interesadas en presentar solicitude á convocatoria deben facelo a través da aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede. xunta. gal). O prazo de presentación finalizará o 30 de xuño de 2021 ou, no seu caso, ata que se produza o esgotamento do crédito.