Aberta a convocatoria para participar na Feira SIRHA LYON (Francia)
En colaboración coa Federación Federación Española de Industrias e Alimentos ( FIAB), a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga), organiza a participación das empresas socias interesadas no pavillón agrupado español na Feira SIRHA LYON, que se celebrará en Eurexpo Lyon, do 23 ao 27 de setembro de 2021.
A Feira SIRHA LYON, que se celebra cada dous anos en Lyon (Francia) é un salón no que a gastronomía e os produtos gourmet cobran unha especial relevancia. Ademais de empresas de alimentación de todo tipo, hai un espazo dedicado exclusivamente ao equipamento de hostalería e restauración.
Algúns dos datos que resumen a súa última edición, en 2019, son os seguintes:
770 expositores, dos cales un 28 % eran internacionais.
41 pavillóns internacionais.
031 profesionais, aumento dun 8,22% respecto ao 2017.
581 visitantes internacionais.
24 concursos para revelar os novos talentos da hostalería e a restauración.
Durante a feira celébranse varios concursos de cociña, tanto a nivel nacional como internacional. O concurso máis importante que ten lugar é o prestixioso Bocuse d’ Or, considerado como o campionato mundial de cociña. Hoxe en día, este concurso convoca anualmente a multitude de países, logrando unha alta repercusión mediática ao reunir xornalistas, radios e televisións do mundo.
Nas últimas edicións, a presenza internacional ha crecido de forma notable na feira. Un gran número de empresas consideran que SIRHA converteuse no principal salón francés, quedando SIAL nun plano máis internacional.
As empresas socias de Clusaga que estean interesadas en participar na Feira SIRHA LYON deben enviar antes do día 15 de xuño un email a international@clusaga.org indicándoo. Para calquera aclaración ou información adicional, pódese contactar coa Agrupación industrial Alimentaria de Galicia no mesmo email.