• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro virtual da Fundación Galicia Europa sobre o programa Erasmus Emprendedores

Durante este novo encontro, que terá lugar o 3 de xuño ás once da mañá, os asistentes poderán profundar e resolver as súas dúbidas sobre o programa Erasmus Emprendedores, da man da responsable do mesmo na Cámara de Santiago e Premio Europeo a Mellor Programa Erasmus Emprendedor, Belén Mendoza. Ademais, o encontro contará coa participación de dous galegos beneficiarios do programa que compartirán a súa experiencia cos mozos e mozas participantes.

DATA: 03/06/2021
HORA: 11:00 - 13:00

 

  • O encontro virtual “Diálogos con” terá lugar o 3 de xuño ás once da mañá 
  • Durante esta sesión informativa, organizada pola Fundación Galicia Europa con motivo da Semana Europea da Xuventude, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre o programa Erasmus Emprendedor, da man de especialistas e de galegos emprendedores que compartirán a súa experiencia como beneficiarios
. Con motivo da Semana Europea da Xuventude, a Fundación Galicia Europa abre o prazo de inscrición para participar na nova edición de “Diálogos con”, os encontros virtuais da Fundación Galicia Europa destinados á mocidade.   Durante este novo encontro, que terá lugar o 3 de xuño ás once da mañá, os asistentes poderán profundar e resolver as súas dúbidas sobre o programa Erasmus Emprendedores, da man da responsable do mesmo na Cámara de Santiago e Premio Europeo a Mellor Programa Erasmus Emprendedor, Belén Mendoza. Ademais, o encontro contará coa participación de dous galegos beneficiarios do programa que compartirán a súa experiencia cos mozos e mozas participantes.    “Diálogos con” é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia.   Pode acceder ao programa e á páxina de inscrición a través da seguinte ligazón. A inscrición a estas xornadas ten un aforo limitado.   A Fundación Galicia Europa

  A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de C