Formación: Facilitación de grupos-Ferramentas para a xestión colectiva
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o mencionado programa especializado en formación xerencial
Datas: do 11 ao 18 de xuño de 2021
Modalidade: presencial
Lugar: Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación, Avda de Castelao, s/n, Campus norte de Santiago de Compostela
Horario: de 9:30 a14:30 e de 16:00 a 18:30 horas
Duración: 15 horas
Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cooperativas afiliadas a EspazoCoop, outras cooperativas, empresas de economía social e público interesado enxeral.
Obxectivos:
- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.
Programa formativo:
- Módulo 1. O papel da facilitación: metodoloxías para o empoderamento individual e colectivo e á participación grupal. Presentación e motivacións das participantes. Achegamento á facilitación de grupos. Os roles, as dimensións da realidade, os espazos grupais.
- Módulo 2. Poder e novos estilos de liderado: liderado compartido, liderado cooperativo. O poder nos grupos. Poder sentido, poder percibido e poder persoal. Como atender ao efecto que ten o poder nas persaos que forman parte dos grupos.
- Módulo 3. Xestión de conflitos: ferramentas para superar a crecer co conflito. Achegamento ao conflito: claves para entender a súa natureza. O conflito como oportunidade.
- Módulo 4. Técnicas para reunións efectivas e satisfactorias. Toma decisións e desenvolvemento de reunións efectivas e satisfactorias. A preparación da axenda, a xestión dos tempos, e o procesado da información.
- Módulo 5. Procesos de indagación colectiva. Indagación nos equipos: procesos que favorecen a emerxencia da intelixencia colectiva, a cohesión grupal, e contribúen á prevención do conflito.
Inscricións:
- A través do seguinte formulario
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456 / 697 877 773