• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro-Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o mencionada obradoiro no marco da Rede Eusumo

Datas: do 24 ao 28 de maio de 2021

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: na Casa da Escola de Parada dos Montes

Destinatarios:  persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Programa:

  • Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
  • Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
  • Fiscalidade das comunidades de montes
  • Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
  • Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
  • Axudas, subvecións ou beneficios fiscais

Inscricións: 

- A través do 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop