• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro Internacional do Sector do Contract :Do 26 ao 28 de maio

A Xunta, a través do Igape, organiza os vindeiros días 26, 27 e 28 de maio un encontro internacional, en formato dixital, dirixido ás empresas contract, nun contexto no que as compañías galegas deste sector están a ter máis relevancia na achega de solucións en proxectos hostaleiros de alto nivel e luxo a nivel internacional. As xornadas pretenden ser así un punto de encontro no que actualizar visións, compartir experiencias e coñecementos e facilitar novas oportunidades de colaboración.

Ademais de abordar as claves do acelerado desenvolvemento do mercado da hotelaría de luxo a nivel mundial, no foro os asistentes poderán afondar no potencial do sector contract galego a través da participación e as achegas de destacados prescritores e decisores internacionais de proxectos.

O encontro terá dúas partes:

  • Mércores 26, ás 16 horas: presentación e mesas de debate, en formato webinario, que abordarán aspectos prácticos sobre a situación e oportunidades que ofrecen os mercados internacionais ao sector.
  • Xoves 27 e venres 28: reunións individuais en liña, segundo perfil de interese, entre as empresas que asistan á xornada do día 26 e os invitados internacionais que participen na actividade. 

Este encontro internacional forma parte do Plan Contract Galicia e dá seguimento ás accións de impulso da presenza das empresas galegas en mercados prioritarios, especialmente en México, Estados Unidos e Europa, que se complementan tamén coa Semana Internacional Contract.

 

Programa e inscricións

Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es