• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Olympe Emprende

Galicia acolle a primeira edición do Programa
#OlympeEmprende

O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que teñan creado unha cooperativa durante o 2021 en Galicia para reforzar o liderado feminino.

Con este fin, ofrece a 12 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario formativo, sesións de intercooperación, xiras de emprendemento, seminarios web e apoio estratéxico, territorial e competencial durante o ano 2021 para promover ideas de negocio con impacto .

O programa conta cun premio económico de ata 3.000 € para o establecemento de cooperativas.

OlympeEmprende forma parte da convocatoria CEPES POISES, cofinanciada polo Fondo Fondo Social Europeo