• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bases reguladoras da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021

Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2021.

BOP Nº 91 do 18/05/2021

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/563374)

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES As actividades subvencionables son todas aquelas:

a) Que teñan carácter cultural.

b) Que se executen dentro do termo municipal de Santiago de Compostela,

 c) Que sexan abertas ao público, que beneficien colectividades xenéricas de persoas e non estean destinadas exclusivamente a persoas socias, partícipes ou clientes da solicitante.

Non serán subvencionables as actividades gastronómicas nin os cursos formativos.

As actividades subvencionadas deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 24 de outubro de 2021.

IMPORTE DAS SUBVENCIÓNS

O importe global do crédito destinado a financiar estas axudas é de cincocentos cincuenta e catro mil novecentos noventa e dous con noventa (554.992,90) €, dos cales 100.000 € serán con cargo á aplicación orzamentaria 2021 050 33400 4790100 .e 454.992,90 € con cargo a aplicación orzamentaria 050 33400 4790101.

A contía máxima que se concederá a cada solicitante será de trinta e cinco mil (35.000) € e en ningún caso excederá do 80% do orzamento da actividade (excluído o IVE).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Santiago de Compostela ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

O prazo de xustificación das actividades subvencionadas será do 1 ao 29 de outubro de 2021.