Xornada informativa: Como crear unha empresa de inserción laboral desde as organizacións do terceiro sector
AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a mencionada xornada informativa
Data: 27 de maio
Horario: de 10:00 a 12:00 horas
Modalidade: en liña a través da plataforma zoom
Destinatarios: profesionais das entidades sociais do terceiro sector e persoal interesado na economía social e para ampliar coñecementos sobre as EIL.
Obxectivos:
- Promocionar e difundir entre as organizacións do terceiro sector de acción social a figura das empresas de inserción laboral existentes na comunidade galega dentro do marco da economía social.
- Dar a coñecer os procedementos para a constitución e cualificación das empresas de inserción laboral (EIL).
- Trasladar a experiencia práctica no traballo diario nas EIL.
Contido formativo:
- Principios e valores da economía social na actualidade.
- Concepto de empresa de inserción e das entidades promotoras.
- Interese e beneficios de crear unha EIL para unha ONG do terceiro sector social.
- Procedemento e constitución e cualificación das EIL.
- Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción polas EIL.
- Xestión de alianzas para o desenvolvemento do traballo nas EIL, cara a creación de novas empresas.
Inscrición:
- A través do seguinte formulario ou no aeigagalicia@aeiga.org
- Para máis información: www.aeiga.org / 881 957452 / 698 120 455
Enlaces