bioalmorzos: oportunidades de financiamento para empresas Biotecnolóxicas
Que son os bioalmorzos?
Unha serie de charlas formativas de temáticas moi variadas na que se dan cita diferentes perfís do ámbito das Ciencias da Vida. Os bioalmorzos realízanse nun espazo no que os asistentes poden interactuar cos relatores.
O sector biotecnolóxico é un sector intensivo en I+D+i no que o acceso ao financiamento posiciónase como unha das pezas crave para o desenvolvemento e crecemento, tanto de proxectos como de empresas biotecnolóxicas.
Por iso, desde Bioga, organizamos o Bioamorzo “Oportunidades de financiamento para empresas Biotecnolóxicas”. Durante esta xornada, a Axencia Galega de Innovación ( GAIN), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) e a Empresa Nacional de Innovación ( ENISA) achegarannos os seus instrumentos de apoio á I+D+i empresarial.
Cando e onde?
Bioalmorzo completamente EN LIÑA
19 de maio
De 11 h a 12:30 h