• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Apróbase oficialmente a Estratexia Española de Economía Social 2017-2020

Data de escritura

O 20 de marzo de 2018 publicouse no Boletin Oficial do Estado a resolución pola que se aproba a Estratexia Española de Economía Social 2017-2020.

Esta estratexia ten como finalidade responder á necesidade de ter en conta e promover as particularidades das empresas de economía social no mercado, ademais de incluir medidas de apoio a través da programas e proxectos que impulsen a economía social e consoliden un marco innovador e sustentable no que poder desenvolverse.

En definitva, esta estratexia pretende reforzar e promover os valores da economía social, así como a súa proxección na sociedade española, destacando a súa vocación para a creación de emprego e a súa contribución á cohesión social, así como á recuperación da economía nacional.