Oportunius:taller en liña de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2021
A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.
Data: 27 de maio de 2021
Hora: de 10:00 h a 13:00 h
Prazo de inscrición: ata o 24 de maio ás 13:00 h
O 27 de maio celebrarase un taller en liña de preparación de propostas centrado na convocatoria Advanced Grants 2021. No taller participarán Laura Mohedano, National Contact Point ERC da Oficina de Proxectos Europeos do Instituto de Saúde Carlos III; José Luis Mascareñas, Director Científico do CIQUS e beneficiario dunha Advanced Grant en 2013; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.
Para calquera dúbida pode contactar no teléfono 981 337 115 ou na dirección electrónica oportunius.gain@xunta.gal
Neste taller presentaranse as oportunidades de financiamento que ofrece o novo programa Horizon Europe para a investigación excelente e, en especial, desde un enfoque práctico, as principais claves para conseguir propostas exitosas dentro da convocatoria de Advanced Grants 2021. Esta formación está dirixida a persoal investigador de excelencia con interese en participar en convocatoriasERC do Programa Horizon Europe no marco do programa OPORTUNIUS da Axencia Galega de Innovación.
OBXECTIVOS:
- Coñecer as posibilidades de financiamento para o persoal investigador de excelencia dentro do novo programa Horizon Europe.
- Aprender a deseñar unha proposta para a convocatoria Advanced
Grants 2021. - Analizar as principais claves para definir propostas de éxito que queiran presentar os/ as investigadores/ as das institucións do Sistema Galego de I+D.
- Aprender a usar as ferramentas existentes para a presentación
das propostas. - Coñecer experiencias de investigadores/ as galegos/ as beneficiarios/ as de axudas do ERC.