• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Orde do 28 abril 2021 establecen bases das axudas ás librarías de Galicia para realización de actividades difusión libro e lectura ano 2021

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a condición de ser titulares de libraría, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, de acordo co establecido nesta orde (código de procedemento CT224C).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, en 2021.

Para os efectos desta orde, considéranse actividades de promoción da lectura e de difusión do libro e dos creadores/as, entre outras, as presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares, levadas a cabo no espazo físico do establecemento libreiro, ou fóra da libraría, así como actos de difusión dos libros a través da páxina web e das redes sociais da libraría, difusión na prensa, radio, internet ou a través doutros medios.

 Réxime de concorrencia competitiva

DOG Nº 89 do 12/05/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Orde do 28 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2021, e se procede á súa convocatoria para o dito ano (código de procedemento CT224C).

Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de titulares de librarías e desenvolvan a súa actividade en Galicia, de acordo co establecido nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.