• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Orde do 6 maio 2021 amplía prazo adhesión dos comercios ao programa dinamización e incentivación do consumo comercios retallistas a través dos bonos Activa convocados pola Orde do 8/4/2021

A Orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 8 de abril de 2021 (DOG núm. 69, do 14 de abril) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e procede á súa convocatoria e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios.

A dita orde dispón no artigo 10.2 que «o prazo para adherirse ao programa será dun (1) mes a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Co fin de que todos os establecementos comerciais retallistas que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras poidan adherirse ao programa bonos Activa comercio, é aconsellable a ampliación do prazo a que se fai referencia no parágrafo anterior.

DOG Nº 89 do 12/05/2021

O prazo para a adhesión dos comercios retallistas ao Programa de dinamización e incentivación do consumo a través dos bonos Activa comercio amplíase ata o 31 de maio de 2021.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.