Meetings formativos oportunidades de negocio-Cultivo do Kiwi en Galicia
Agacca a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa:
Data: 25 de maio
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Modalidade: en liña a través da aula virtual.
Obxectivos:
- Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos colaborativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.
Programa formativo:
10:00 h - Presentación dos obxectivos do obradoiro
10:30 h - Habilidades emprendedoras no cooperativismo e proceso de acompañamento aos emprendedores
11:15 h - Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: o cultivo do kiwi en Galicia
12:00 h - Experiencias produtivas, comentarios e aclaracións a cargo dun experto na oportunidade de negocio do cultivo do kiwi
12:45 h - Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese de cara ao desenvolvemento da oportunidade de negocio presentada
13:30 h - Preguntas, suxestións e aclaracións.
Inscricións:
- A través do seguinte formulario
- Máis información: www.agacca.coop / agacca@agacca.coop / 981 584 783