Resolución do 4 maio 2021 modifica Resolución do 18 marzo 2021 bases subvencións proxectos mellora enerxía eléctrica para autónomos e pemes (Programa Bono enerxía peme ) ano 2021
Obxeto.- Modificar a Resolución do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z).
DOG Nº 87 do 10/05/2021
O parágrafo 1.d) do artigo 2 da resolución queda redactado do seguinte xeito:
d) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.
O primeiro parágrafo do artigo 5 da resolución queda redactado do seguinte xeito:
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións de 45 a 47 incluídas.
– Sección I: hostalaría, divisións de 55 a 56 incluídas.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións de 90 a 93 incluídas.
– Sección S: outros servizos, só as divisións 95 e 96
Esta modificación entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.