Cómo crear unha organización áxil?
A transformación das empresas para acadar axilidade organizativa está nos seus primeiros días, pero xa produce rendementos positivos. Mentres os camiños poden variar, os resultados dun estudio realizado pola consutora internacional Mckinsey suxiren como comezar.
Hai tres características que comparten as organizacións áxiles, nas que destacan fronte a outras organizacións:
1.- Detección e dimensionamiento de oportunidades. As persoas individual e proactivamente vixían e actúan sobre cambios nas preferencias do cliente e a contorna externa. A organización utiliza activamente o coñecemento do cliente (tanto formal como informal) para conformar, pilotar, iniciar e iterar novas iniciativas e modelos de negocio.
2.- Experimentación e iteración rápidas. As innovacións desenvólvense iterativamente a través de ciclos rápidos de probas de campo e aprendendo dos erros. Os produtos desenvólvense experimentando e creando prototipos utilizando produtos viables mínimos (é dicir, versións de produtos co conxunto mínimo de características necesarias para probar e aprender).
3.- Transparencia no uso da información . As persoas das unidades de negocio teñen acceso a datos non filtrados sobre os seus produtos, clientes e información financeira. As persoas poden compartir facilmente ideas e resultados do seu traballo e atopar a outras persoas na organización con coñecemento relevante ou intereses similares.