• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

DIRIXIR EN TEMPOS DE CRISE ( pílulas formativas )

Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza a mencionada actividade formativa.

Obxectivos: 

· Facilitar formación aplicada e adaptada á situación actual nos ámbitos comerciais, económico-financeiro, planeamento e previsións, novas ferramentas e recursos.
· Impulsar o encontro entre cooperativas, a posta en común de necesidades e recursos, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa.
· Facilitar ferramentas específicas de xestión, repositorios, bases de datos, de autodiagnose, teletraballo e reunións virtuais que podan contribuir a adaptarse á unha realidade onde o presencial vai tardar en recuperarse plenamente.

Este obradoiro divídese en 4 pílulas: 

Pílula 1: Planeamento estratéxico | do 18 ao 24 de maio | Sesión virtual de aprendizaxe. 20/05/2021. Para visualizar o cartel prema aquí

Pílula 2: Organización Cooperativa | do 31/05 ao 06/06/2021 | Sesión virtual de aprendizaxe. 03/06/2021. 

Pílula 3: Comercial | do 28/06 ao 04/07/2021 | Sesión virtual de aprendizaxe. 01/07/2021.

Pílula 4: Economía e finanzas | do 26/07 ao 01/08/2021 | Sesión virtual de aprendizaxe. 29/07/2021.

Horario e modalidade: de 11:00 a 12:00 horas a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop 

Duración: 20 horas

Destinatarios: As persoas socias e asalariadas das cooperativas participantes no programa #saimoscooperando que teñan funcións e ou responsabilidades nos cadros directivos das súas organizacións ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para desempeñar estas funcións. (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20).

Programa:

Módulo 1.- Xestión cooperativa en entornos de crise.
Módulo 2.- Habilidades Sociais e organización societaria.
Módulo 3.- Plan de Reactivación.
Módulo 4.- Recursos e ferramentas disponibles.

Inscricións:


- A través do formulario de inscrición / patane@espazo.coop / 881 887 456