Contabilidade cooperativa.Nivel pro-supostos
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte mencionada formativa
Obxectivos:
• Entender que é e para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo.
• Coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.
• Capacitar as persoas socias e asalariadas das cooperativas no emprego das ferramentas contables.
• Interpretar os principais estados financeiros e coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.
Datas: do 12 ao 31 de maio de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse catro sesións virtuais de aprendizaxe os días 12, 19, 26 e 31 de maio de 11:00 a 12:30 h
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas cun proxecto de emprendemento cooperativo e que están a poñer en marcha unha empresa, interesadas en facelo ou integradas nunha con poucos coñecementos da xestión contable (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20).
Programa formativo:
Tema 1. A estrutura xeral contable
Tema 2. O tratamento dos fondos propios e específicos nas cooperativas de traballo.
Tema 3. A conta de perdas e gaños e a distribución de resultados.
Tema 4. Fiscalidade cooperativa.
Inscricións:
- A través do seguinte formulario
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456