• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria Programa subvencións dirixidas a entidades asociativas agrarias,labregas,gandeiras,forestais e asociacións de cazadoras provoncia A Coruña

Obxecto específico da convocatoria.-

Accións tendentes a apoiar ás federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras, forestais e ás asociacións, federacións e agrupacións de asociacións de cazadores, en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto:

– A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais.

– Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios.

– Os desbroces, sementeiras vexetais, seguros e garderia do TECOR.

– O asesoramento e formación técnica para a investigación, mellora e innovación tecnolóxica.

– O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético.

– Accións tendentes á mellora da calidade xenética

Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias:

Contratación de persoal técnico ou comercial, labores de implantación e acondicionamento de cultivos, desbroces, sementeiras, rozas mecánicas, podas, alternativas enerxéticas, tratamentos silvícolas para prevención de incendios, asesoramento técnico para a supervisión do proxecto, formación técnica co fin de conseguir o fomento das medidas obxecto de axuda nesta convocatoria.

 

BOP Nº 76 do 26/04/2021

Entidades solicitantes .-

Poderán participar na presente convocatoria as entidades que cumpran os requisitos que se establecen de seguido, no momento de presentaren a solicitude:

Cooperativas agrarias, gandeiras, sociedades agrarias de transformación, comunidades de montes en man común, asociacións de cazadores.

– Asociacións agrarias, labregas, gandeiras, forestais ,sen ánimo de lucro.

– Asociacións, agrupacións de asociacións e federacións das anteriores entidades.

Todas estas entidades teñen obrigatoriamente que ter como fin a prestación de servizos aos seus asociados.

Só poderá concederse unha subvención por entidade nas convocatorias de concorrencia competitiva. Para estes efectos, considéranse unha soa entidade, todas aquelas nas que os/as socios/as ou membros da Xunta Directiva sexan comúns nunha porcentaxe superior ao 50% ás vinculadas nos termos establecidos na Lei xeral de subvencións e nas súas normas de desenvolvemento, así como as que poidan encaixar no concepto de grupo nos termos dispostos no Código de Comercio.

Prazo da convocatoria FO028A/2021.-

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da provincia da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros