• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Contabilidade cooperativa.Nivel 0

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa

Datas: do 7 ao 26 de maio de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 10 e 24 de maio de 16:30 a 18:00 h.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas cun proxecto de emprendemento cooperativo e que están a poñer en marcha unha empresa, interesadas en facelo ou integradas nunha con poucos coñecementos da xestión contable (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20).

Obxectivos:

• Mostrar desde un punto de vista práctico que é, e para que serve, a contabilidade nun proxecto cooperativo.
• Coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa, para a toma de decisións.
• Capacitar ás persoas emprendedoras no uso de ferramentas contables para facer previsións.
• Interpretar os estados financeiros e coñecer ferramentas e recursos de apoio, na xestión contable.

Programa formativo:

Módulo 1.- A contabilidade: definición, utilidade, normativa xeral e específica.
Módulo 2.- Os ciclos e os procesos contables. Principais estados económico-financeiros.
Módulo 3.- A contabilidade de custos e a determinación dos prezos.
Módulo 4.- A contabilidade previsional e a toma de decisións. Ferramentas e recursos.

Inscricións:

- A través do seguinte formulario

- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456