Bases do PEL-REACTIVA:Programa específico de apoio á Hostalaría e Axencias de viaxes do Plan Emprego Local
Os seu obxectivo principal é a reactivación e o mantemento da actividade económica e do emprego nestes sectores estratéxicos de desenvolvemento socioeconómico na provincia, como son o sector da hostalería e o das axencias de viaxes, que están a verse gravemente afectados pola crise derivada da pandemia.
BOP Nº 72 do 20/04/2021
Este programa vai dirixido ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das Agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas), pertencentes á Sección 1.ª das tarifas de dito imposto aprobadas por R.D. Lexislativo 1.175/1990, de 28 de setembro.
O importe a recibir terá unha contía fixa de 1.500 € por persoa beneficiaria que cumpra os requisitos, ata esgotar o crédito dispoñible.
Este programa é compatible con calquera outro programa ou axuda concedida por entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade.
As axudas do Plan de Emprego Local quedan sometidas ao réxime de minimis en todas as súas liñas: A axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá de 200.000 € durante os tres últimos exercicios fiscais.
As persoas interesadas en participar na convocatoria PEL REACTIVA: Programa específico de apoio á hostalería e ás axencias de viaxes, deberán presentar a correspondente solicitude, a través do apartado correspondente á convocatoria da plataforma telemática SUBTeL (na páxina web https://sede.dacoruna.gal/subtel/), mediante a sinatura dixital da persoa física ou do representante legal da persoa xurídica, cubrindo os campos da solicitude e presentando toda a información que sexa requirida.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS