Extracto da R. do 13/04/ 2021 do FEGA O.A.convocan axudas e investimentos materiais en transformación ,comercialización e desenvolto. para fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias supraautonómicas
Finalidade.-
A finalidade destas subvencións é o financiamento de proxectos de investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización ou
desenvolvemento de produtos agrícolas contemplados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ( TFUE) ou do algodón, exceptuados os produtos da pesca, de acordo co establecido no artigo 3 do Real Decreto
1010/2015, do 6 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas a investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 para o fomento daintegración de entidades asociativas agroalimentarias de carácter supraautonómico
BOE Nº 94 do 20/04/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a de a Lei 38/
2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da
convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional
de Subvencións ( https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/
557556)
Beneficiarios.-
Poderán acceder a estas axudas as entidades ás que se refire o artigo 4
do Real Decreto 1010/2015, do 6 de novembro, e cumpran os requisitos
establecidos no artigo 5 do citado real decreto.
Bases reguladoras.-
Real Decreto 1010/2015, do 6 de novembro, polo que se establecen as
bases reguladoras da concesión de axudas a investimentos materiais ou
inmateriais en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 para o fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias de carácter supraautonómico.
Prazo de presentación de solicitudes.-
As solicitudes de axuda presentaranse no prazo de 20 días hábiles,
contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado