• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Corrección erros.- Resolución do 25 xaneiro 2021 establecen bases/convocatoria ano 2021 axudas proxectos colaborativos áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital dentro marco da RIS3 Galicia( programa conecta hubs

Advertido un erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro de 2021

DOG 72 do 19/04/2021

Na páxina 9458, onde di:

«a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable para cada unha das liñas de axuda, reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:

Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 2.5 fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación é inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida».

Debe dicir:

«a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable para cada unha das liñas de axuda, reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:

Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 2.5 for inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.