A escasez de auga podería afectar a 5.000 millóns de persoas en 2050
O novo Informe Mundial sobre o Desenvolvemento da auga da UNESCO afirma que 3.600 millóns de persoas viven actualmente en lugares que poden sufrir de escaseza de auga durante polo menos un mes ao ano. Tamén prevé que a cifra se elevará a cinco mil millóns, a metade da poboación mundial prevista de 10 mil millóns, para 2050. É unha consecuencia de que a industria, a agricultura e unha poboación crecente están a impoñer cada vez máis demandas no ciclo da auga. Ao mesmo tempo, o cambio climático está a agravar o problema ao causar secas e inundacións extremas, a miúdo facendo que as rexións áridas sexan aínda máis secas.
E non estamos a facer o suficiente para resolver ese problema. A solución poida que non sexa enteiramente tecnolóxica. Aínda que as innovacións en aspectos como a rega e a desalinización axudarán a entregar auga a algunhas persoas, a UNESCO argumenta que os métodos naturais que reteñen auga nos chans poderían axudar a protexer a 1.700 millóns de persoas da escaseza de auga.