• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Orde do 24 marzo 2021 establecen bases rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervención arqueolóxicas ano 2021

Finalidade

A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

DOG Nº 70 do 15/04/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Persoas beneficiarias

Empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2015 en diante e estean finalizadas na data de publicación da presente orde.

b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.