Pílula " Como crear unha unidade de Vixilancia Tecnolóxica e non pederse no intento "
Coñeces o que é a VT? Sabes para que serve? Estás motivado para chegar ata o final?
Estás disposto a darlle os recursos que necesita? E a promocionala e dala a coñecer?
Data: 06/05/2021
Horario: de 09:15 a 11:30
Organiza: CIS Tecnoloxía e Deseño – Axencia Galega de Innovación ( GAIN)
Esta pílula será a primeira de cinco acciones dedicadas á Vixilancia Tecnolóxica que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no 2021 no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación de Vixilancia Tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia.
Durante esta xornada a experta LARA REY, Market Intelligence Analyst no Grupo FerroGlobe, abordará, entre outras cuestións, como crear unha unidade, departamento servizo de Vixilancia Tecnolóxica analizando os principais retos e achegando solucións para chegar a cabo esta tarefa con éxito.