Resolución do 8 abril 2021 modifica a R. do 23 decembro 2020 aproban bases concesión subvencións a produccións/coproduccións audiovisuais contido cultural galego 2021 e se abre novo prazo complementario
O 15 de xaneiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 9 a Resolución do 23 de decembro de 2020, pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207A).
O día 10 de decembro de 2020 no Boletín Oficial del Estado núm. 322, publicouse o Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema. Entre as modificacións introducidas que afectan o fomento da actividade cinematográfica e audiovisual atópase a ampliación dos supostos e condicións do que debe entenderse por «obra audiovisual difícil» para os efectos do cómputo da intensidade máxima das axudas que poden percibir as ditas obras.
A situación xerada pola evolución da COVID-19 obrigou a xestionar a crise sanitaria establecendo medidas para protexer a saúde e a seguridade pero que trouxeron un detrimento do emprego, unha maior crise económica e o futuro incerto xerado pola pandemia, e que está a ter un impacto nos proxectos audiovisuais, que se enfrontan a grandes dificultades tanto polos problemas de liquidez como pola interrupción da actividade económica.
Por estes motivos, a Axencia Galega das Industrias Culturais considera necesaria a modificación da convocatoria do ano 2021 das subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego.
DOG Nº 69 do 14/04/2021
Primeiro. Modificar a base terceira punto 7 da Resolución do 23 de decembro de 2020, pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207A).
Segundo. Determinar a apertura dun prazo complementario de presentación das solicitudes da resolución para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, para o ano 2021 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2021), dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia , do xeito que segue:
1. Aqueles solicitantes que presentasen as solicitudes no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro de 2021 e queiran acollerse á presente modificación deberán presentar, xunto coa solicitude (anexo I), unicamente como documentación complementaria un novo plan de financiamento e un novo orzamento.
2. Aqueles solicitantes que non presentasen as súas solicitudes no prazo establecido no parágrafo anterior, poderán facelo presentando, xunto coa solicitude (anexo I), toda a documentación establecida na base sétima das bases reguladoras e a declaración de axudas (anexo II).