Extracto da Orde do 29 marzo 2021 establecen bases axudas persoas traballadoras sector espectáculo Comunidade Autónoma Galicia ano 2021
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras do sector do espectáculo con motivo da paralización da súa actividade a causa das medidas adoptadas ocasionadas pola COVID-19, así como a fixación dos criterios e requisitos para a súa concesión para o ano 2021.
DOG Nº 69 do 14/04/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Bases reguladoras
Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR820O).
Beneficiarios
Traballadores por conta allea que estivesen contratados en empresas relacionadas co sector do espectáculo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.