• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Orde do 8 abril establecen bases concesión axudas a través dos Bonos Activa Comercio Programa dinamización e incentivación consumo nos comercios retallistas Comunidade Autónoma Galicia

Obxecto

O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

DOG Nº 69 do 14/04/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria do programa bonos Activa comercio.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.

Réxime de concorrencia non competitiva