Adáptate aos cambios :ferramentas dixitais útiles para a túa empresa
A Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa
Datas: do 22 de abril ao 11 de maio de 2021
Modalidade: en liña
Duración: 40 horas
Obxectivo: ofrecer de forma sinxela e simple, información sobre as principais ferramentas dixitais que facilitan o traballo diario de maneira colaborativa, ademais da organización do traballo dentro dos equipos e entidades. Por outra parte, tratarase tamén a creación dunha tenda en liña e os elementos para crear catálogos, ademais de elementos audiovisuais que axudan a vender os produtos e servizos.
Público obxectivo: dirixido a persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia, persoas desempregadas e público en xeral.
Inscrición:
- Prazo para inscribirse ata o 21 de abril
- Accede ao formulario de inscrición
- Podes inscribirte tamén no 981558008 ou en eusumo.emprego@xunta.es
Descarga aquí o folleto do curso para coñecer o programa completo.