Extracto da Resolución do 29 marzo 2021 establecen bases concesión axudas para actuacións de corrección impactos paisaxísticos 2021
Obxecto
Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución. Os gastos subvencionables son os indicados no seu punto cuarto.
DOG Nº 68 do 13/04/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).
Bases reguladoras
As bases reguladoras son as contidas na Resolución do 29 de marzo de 2021, que abrangue tanto as bases reguladoras como a convocatoria para 2021 (código de procedemento MT02A).
Persoas beneficiarias
Poderán optar ao recoñecemento da axuda:
a) As persoas físicas titulares dun ben inmoble, recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.
b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas de conformidade co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. Os requisitos exixidos deberán ser cumpridos por todos os seus membros.
A totalidade dos requisitos establecidos na resolución deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes
Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e abranguerá ata o 31 de maio de 2021.