• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro de mozos e mozas dos órganos directivos das cooperaticas agroalimentarias

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte mencionada actividade formativa

Obxectivos: Desenvólvese este encontro entre mozos e mozas socios e/ou fillos de socios de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia. Nesta actividade ofréceselles ás mozas e mozos que nela participen o coñecemento en primeira persoa dos debates que a nivel da Unión Europea e de España se están a desenvolver para incrementar a presenza dos mesmos nos órganos directivos das cooperativas, formando aos mesmos en xestión xeral, gobernanza e organización coa finalidade de que as mozas e mozos acheguen valor engadido á dirección da cooperativa.
Nesta acción preténdese a apertura de expectativas dos mozas e mozos galegos socios de cooperativas, á realidade do cooperativismo na Unión Europea e de España.

Data: 21 de abril de 2021

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Modalidade: en liña

Contido:

- Os retos dos mozos e mozas agricultores e o papel das cooperativas agrarias nos mesmos.
- Os mozos e mozas agricultores, alma das cooperativas agrícolas de mañá.
- Retos dos mozos e mozas, o acceso aos fondos públicos Next Generation e necesidades das cooperativas do futuro.
- Ferramentas para fomentar a participación dos mozos e mozas nas cooperativas.
- Dixitalización como panca para atraer e reter mozos e mozas no medio rural e na actividade agraria.

Programa:

10:00 h - Recepción e entrega de documentación.
10:15 h - Reforma da Política Agraria Común (PAC) e adaptacións necesarias para afrontar os retos futuros. 
11:30 h - Fondos Next Generation. Que son e como poden beneficiar aos emprendedores e mocidade do rural galego.
13:00 h - Peche do encontro.

Para máis información: 981584911 / hmougan@agaca.coop