• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Orde HAC/320/2021 do 6 abril establece fraccionamento extraordinario para pago débeda tributaria derivada do IRPF beneficiarios ano 2020 ERTE

Examinada novamente a situación neste momento, e constatada a persistencia
dos efectos desfavorables que a actual pandemia da COVID-19 provoca,
especialmente no ámbito socio-económico, considérase necesario dar un impulsomáis na adopción de medidas dirixidas, de novo, a permitir un cumprimento dasobrigacións tributarias neste escenario particularmente difícil, acudindo, nestaocasión, ao mecanismo do fraccionamento do pago das débedas tributarias, perofocalizando a súa utilización nunha obrigación tributaria concreta, a derivada do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2020. 

BOE Nº 83 do 07/04/2021

  1. Os contribuíntes polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas a que
    se refire o artigo 8 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre aRenda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, poderán, nas condicións previstas no apartado 2 deste artigo, fraccionar o pago do importeda débeda tributaria resultante da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2020, tanto en supostos de tributación individual como nos casos de tributación conxunta.
  2. Este fraccionamento non será de aplicación aos contribuíntes a que se refire oartigo 93 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, reguladora do Imposto sobre aRenda das Persoas Físicas.
  3. O pago do fraccionamento solicitado efectuarase en seis fracciones, con vencemento os días 20 de cada mes, sendo o primeiro o día 20 de xullo de 2021.
    Non se devindicarán intereses de demora durante o devandito fraccionamento nin será necesaria a achega de garantía.
    A solicitude deste fraccionamento deberá reunir os seguintes requisitos:

a) Que o solicitante, ou calquera dos membros da unidade familiar en caso
de tributación conxunta, estivese incluído nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego durante o ano 2020, sendo perceptor nese exercicio das
correspondentes prestacións.

 b) Que non exceda de 30.000 euros o importe en conxunto que se atope
pendente de pago para o solicitante, tanto en período voluntario como en períodoexecutivo, das débedas de dereito público xestionadas pola Axencia Estatal de AdministraciónTributaria e polos órganos ou organismos da Facenda Pública Estatal.

A efectos da determinación do importe de débeda sinalado, acumularanse, no
momento da solicitude, tanto as débedas ás que se refire a propia solicitude, como calquera outras do mesmo debedor para as que se solicitou e non resolvido o aprazamento ou fraccionamento, así como o importe dos vencementos pendentes de ingresodas débedas aprazadas ou fraccionadas, salvo que estean debidamente garantidas.

 c) A declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas hase de presentadentro do prazo voluntario de autoliquidación e ingreso, sen que poidafraccionarse o ingreso derivado de autoliquidacións complementarias presentadas con posterioridadeao 30 de xuño de 2021, ou día inmediato hábil posterior, para o caso de ser inhábil.

Entrada en vigor.
A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no «Boletín Oficialdo Estado»