• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da O.do 16/03/2021 establece bases concesión axudas para libro galego dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución para o galego de obras de obras publicadas noutras ling

Obxecto

Esta orden ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT221C).

As axudas van dirixidas a subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

DOG Nº 62 do 05/04/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT221C).

Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.

Importe

A contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende a douscentos mil euros (200.000,00 €). As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.770.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, por un importe de 90.000 € e, con cargo aos orzamentos de 2022, a cantidade de 110.000 €.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.