Convocatoria de axudas ´contratación de xestores de internacionalización 2021
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), abriu a convocatoria de axudas á contratación de xestores de internacionalización, que ten como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo ao dispor das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
Beneficiarios potenciais.-
- Pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización e que estean dadas de en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización ou solicitalo dentro do prazo presentación desta axuda
- Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, Agrupacións industriais Empresariais, que representen un colectivo de empresas galegas, e os Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación e teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.
- Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigacións coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas como empresas en crises ao 31 de decembro de 2019. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir coas obrigacións do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Requisitos principais do proxecto.-
1a) Perfís do xestor de exportación
stablécense tres perfiles de xestor por idade. Todos deberán cumprir as condicións xerais (artigo 7.1) e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape na data da solicitude de cobranza. A intensidade da axuda irá acorde co devandito perfil.
-Mozos profesionais nados/ as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
-Profesionais nados despois de 1 de xaneiro de 1975 e antes do 1 de xaneiro de 1985.
-Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1975).
1 b) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou cun certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
2 c) No caso de que a titulación do xestor (7.1.a) non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das seguintes opcións:
3.Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.
4.Máster de comercio exterior.
iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
1.Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
2.d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.
Prazo de presentación de solicitudes.-
O prazo de presentación de solicitudes da axuda finalizará o 30 de maio de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamentos de crédito. Realizarase mediante formulario electrónico a través da aplicación establecida en http://www.tramita.igape.es.