Extracto da Resolución do 12 marzo 2021 aproban bases reguladoras das subvencións á creación escénica para ano 2021
Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2021.
Réxime de concorrencia competitiva
DOG Nº 57 do 25/03/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index.
Bases reguladoras
Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT403B).
Persoas beneficiarias
Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
Importe
O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 800.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005, distribuído entre as anualidades 2021, 2022 e 2023: 200.000 euros con cargo ao exercicio 2021; 500.000 euros con cargo ao exercicio 2022 e 100.000 con cargo ao exercicio 2023.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.