Obradoiros 4.0 del CSG
Se es unha empresa do sector saúde e estas interesada en coñecer como as novas tecnoloxías poden mellorar os teus resultados ou se es unha tecnolóxica interesada no sector saúde, os novos Obradoiros 4.0 do CSG interésanche.
Os próximos días 25 de marzo, 9 de abril e 22 de abril de 11:00 a 13:30 o CSG lanza os seus primeiros Obradoiros 4.0 dentro do programa IG239 de IGAPE, co obxectivo de explorar solucións tecnolóxicas e formas de colaboración que conduzan a proxectos para a implementación de ferramentas colaborativas dixitais sectoriais e abran oportunidades de hibridación intersectorial.
Programa
1º sesión: Xoves 25.03.21
Obxectivo: Sensibilizar aos asistentes sobre a importancia da transformación dixital das nosas organizacións e profundar no coñecemento dunha das tecnoloxías que máis crecemento terá nos próximos anos IoMT- IoHt (internet of medical Things/ Internet of Health Things)
Relatores:
Rocío Mosquera, Presidente CSG
Lucía Castro, Xerente DATALife
Gerardo Estevez, Socio Director de Elixe Plus Consultores. “Visión global do Obradoiro e dos retos tecnolóxicos que enfronta o sector saúde. Punto de partida dixital dos asistentes”
Gonzalo Abuin, CEO e Fundador de Perfect Numbres-Data Monitoring: “ IohT: Visión xeral e exemplo de aplicación práctica do uso de wearables á xestión do Covid19”
2º sesión: Venres 09.04.21
Obxectivo: Dar a coñecer a tecnoloxía Blockchain e a súa aplicabilidade no ámbito sanitario en aspectos como o pasaporte sanitario ou o expediente clínico entre outras aplicacións.
Relatores:
Gerardo Estévez, Elixe Plus Consultores
Pablo López, Creativigo – pendente confirmación
Israel Serrano, Ex IBM Blockchain Expert SPGI, Asesor da NATO “ Blockchain: que é, como funciona e por que está a revolucionar o mundo. Casos de uso no ámbito socio-sanitario”
Luís Carbajo, CEO de VOTTUN ( empresa Blockchain recoñecida por Gartner como tecnoloxía de Referencia) “Aplicacións de Blockchain ao sector saúde: pasaporte sanitario”
3º sesión: Xoves 22.04.21
Obxectivo: Dar a coñecer a aplicabilidade da realidade virtual-aumentada, a intelixencia artificial ou o procesado de linguaxe natural no ámbito sanitario e destacar a importancia da implantación de tecnoloxías e sistemas que aumenten o noso nivel de ciberseguridad
Relatores
Gerardo Estévez, Elixe Plus Consultores
Xoel Vázquez, Socio Fundador de XOIA “Concepto e aplicación da Realidade Virtual e Aumentada ao sector saúde. Casos de uso
Luís Morán, Gradiant – “Procesado da linguaxe natural e machine learning no ámbito socio-sanitario: aplicacións”
Jorge Novo Buján, Grupo VARPA (Facultade de Informática UDC) “Investigacións sobre Intelixencia Artificial aplicada”
Álvaro Gómez Vieites, Socio Consultor en INPROSEC “ Ciberseguridad no sector saúde
Cobre un pequeno test de diagnóstico sobre o teu nivel de dixitalización aquí e apúntache aos Obradoiros 4.0 do CSG escribíndonos a gerencia@clustersaude.com indicándonos os asistentes da vosa empresa para cada unha das xornadas.